Se ha producido un error en la asignación del idioma iwildfire
Área privada
Usuario    
Contrasinal    
Noticias










O sistema wildfire® xorde como consecuencia da aplicación da enxeñaría electrónica avanzada do departamento de I+D+i, potenciada dentro das operacións do grupo, á xeración de produtos. O deseño do wildfire® nace para a súa aplicación no ámbito forestal, debido aos enormes custos asociados aos incendios, custos financeiros (derivados da aplicación de recursos humanos e materiais), custos ambientais (derivados da degradación dos nosos recursos naturais) e custos humanos (representados pola irreparable perda de vidas humanas).

O sistema wildfire® ten como principal obxectivo a detección de incendios forestais utilizando a tecnoloxía dunha forma novidosa para incrementar a rapidez na detección de incendios, xa que é cando mais sinxelo é apagar calquera incendio e onde se maximiza a asignación de recursos. 

Diferentes vistas do deseño final do wildfire®

O sistema envía un feixe de luz por enriba da liña delimitada polo horizonte, de maneira que se impacta contra unha columna de fume ou similar (emisión de contaminantes, fugas radioactivas...) prodúcese luz dispersada, que é recibida polo receptor do sistema e amplificada, o que permite ao seu software, despois de realizar unha minuciosa discriminación para actuar de filtro de falsos incidentes, enviar un sinal de alarma ao correspondente centro de control xunto con fotos e/ou video da zona da que provén a dispersión, para que un responsable (operario) determine se existe un lume ou se se produciu unha falsa alarma.


Unha representación gráfica do funcionamento do wildfire® pódese observar a continuación.

Documentación:

Faga click aquí para descargar un folleto comercial do produto wildfire® en formato pdf.

Faga click aquí para descargar unha presentación do produto wildfire® en formato pdf.

Faga click aquí para descargar os resultados dun test realizado co produto wildfire® en formato pdf.

Principais Características:

  • wildfire® está deseñado para detectar prematuramente incendios forestais e fugas contaminantes á atmósfera. O sistema é capaz de detectar lumes antes que se forme unha columna visible de fume e incluso cando aínda non existe chama, e a temperatura do incendio é moi baixa.
  • Unha soa unidade wildfire® pode cubrir un área de 2.800 hectáreas (28 quilómetros cadrados), e pódense engadir mais unidades estendendo con elo a cobertura abranguida. As devanditas unidades son totalmente autónomas e automáticas, e non requiren manipulación humana.
  • wildfire® pode funcionar 24 horas ao día 7 días á semana (24/7) e a súa capacidade de detección de incendios é incluso maior durante a noite.
  • A capacidade de detección de incendios radica na recepción da luz dispersada polo fume (ou calquera outro contaminante atmosférico). O sistema envía un feixe de luz infravermello por enriba da liña do horizonte e detecta posteriormente calquera pequena fracción que volve ao detector como consecuencia da dispersión da luz ao interaccionar co fume. (Opcionalmente mais detectores se poden engadir para estender a cobertura e mellorar a localización do lume). O sistema barre a área baixo o seu control continuamente e rexistra o sinal que retorna a cada punto, podendo xirar os 360 grados e escanear a súa zona de influencia en menos de tres minutos. O sistema é insensible a outras fontes de raios infravermellos, como a luz solar, luces artificiais, e sistemas de comunicación ópticos, de maneira que só responderá as súas propias emisións de luz.
  • Cando wildfire® detecta o sinal que identifica o lume, captura unha imaxe da zona da cal procede e encía a información á central de control. Na central de control deberase tomar unha decisión final sobre si é un lume ou non, dita decisión deberá tomala un operario. Un só centro de control pode xestionar varias unidades e pode integrarse dentro doutros sistemas de control.
  • Existe a posibilidade de dispoñer de control remoto do sistema dende a central de control.
 

Utilizamos cookies para realizar el análisis de la navegación de los usuarios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información ACEPTO