O Grupo Integra, en colaboración con Aena, instala o iosf no aeroporto de Alvedro
O Sistema Automático de Detección Precoz de Incendios está instalado na terraza da torre de control.
Como consecuencia da colaboración entre Aena e Integra, instalouse na torre de control do Aeroporto de Alvedro en A Coruña o Sistema Automático de Detección de Incendios en Espazos Abertos.
O Sistema, que foi desenvolvido íntegramente en A Coruña, detecta fume de incendios incipientes en menos de 3 minutos ata unha distancia de mais de 3 kilómetros, incorporando como novidade principal a rapidez na detección, polo que a superficie destruida mantense sempre en magnitudes reducidas.
O novidoso Sistema foi galardonado con dous Primeiros Premios á Innovación Tecnolóxica no ámbito nacional debido ao salto innovador na detección, xa que ésta non depende da temperatura do foco emisor, senon no seu propio feixe de luz emitido.
Bosques e zonas industriais de gran extensión son o entorno natural de utilización do novo Sistema que cubre en torno ás 3.000 hectáreas (radio de 3 km.). Ao centro de control chegará información da localización do incendio, as curvas de detección e evidencias gráficas do mesmo.
Leer noticia en La Voz de Galicia.
Leer noticia en El ideal Gallego.