O Grupo integra acudiu á 35 Feira Internacional de Galicia para presentar o Sistema Automático de Detección de Incendios en Espazos Abertos, e no que tamén se presentou o Sistema Automático de Detección de Incendios Forestais.
Desde 0 Grupo integra, como empresa galega, tomouse a decisión de participar no evento, presentando o Sistema Automático de Detección de Incendios en Espazos Abertos para fomentar o principal evento internacional que se produce na nosa terra presentando o Sistema deseñado e fabricado en Galicia como consecuencia do traballo do noso departamento de I+D+i.
A expectación xerada pola presentación do produto a diferentes colectivos (enxañeiros na súa vertente tecnolóxica, público en xeral pola lacra que sufrimos en Galicia cos incendios, e de todos aqueles profesionais que están a por o monte en valor e para os que a detección dos incendios é crucial) puido ser constatada polo personal da empresa recollendo a necesidade existente no mercado de contar cun Sistema activo que axude na fase de detección aos recursos humanos aplicados á protección dos nosos recursos naturais.
Ademais o caracter innovador do Sistema xerou unha amplia publicidade tanto nos medios de información xeral como na revista que emite a propia feira da Semana Verde de Galicia. Pinche nos seguintes enlaces para ver a información acerca do Sistema nos diferentes medios:
A VOZ DE GALICIA. EDICIÓN DEZA
FARO DE VIGO
REVISTA SEMANA VERDE DE GALICIA 2012
Diferentes imaxes do produto no stand do Grupo integra pódense observar a continuación:
Javier García Xerente de Integra no Stand da empresa co
Sistema Automático de Detección Precoz de Incendios para Espazos Abertos.