Se ha producido un error en la asignación del idioma iaws (Automatic Weighbridge System)
Área privada
Usuario    
Contrasinal    
Noticias










O Grupo Integra e a empresa V-Mann, especializada no desenvolvemento de solucións informáticas de alto valor engadido, desenvolveron un produto totalmente automatizado para o control de básculas de pesaxe de cargas de camións cuxo obxectivo é a mellora na xestión de entrada e salida de cargas en instalacións que requiren un control específico de fluxos de entrada e saída de vehículos, eliminando as tarefas tradicionais de atención manual, integrando todas as operacións e transfirindo os datos das mesmas ao Sistema de Xestión da empresa encargada da xestión das instalacións.

O Sistema está deseñado de maneira particular para cada cliente, atendendo as súas necesidades específicas, para o cal os profesionais de V-Mann e do Grupo Integra realizan labores de consultoría e análise, deseño e implementación da mellor solución posible para cada unha das particularidades asociadas ó cliente, tendo en conta tamén a integración cos Sistemas de Xestión existentes e os fluxos de información necesarios que garantan un valor engadido máximo e unhas funcionalidades adaptadas a cada circunstancia.

Na seguinte imaxe móstrase o funcionamento do sistema cunha interfaz de entrada e outra de saída, pero o Sistema pódse configurar para que exista unha soa interfaz que realice as operacións de entrada e saída nun único punto que regule as entradas e saídas dos vehículos.

O Terminal TRM de entrada rexistra os datos que o condutor do vehículo ten que proporcionar a través dun lector de tarxetas, un teclado para entrada de información e unha impresora de tickets. Estos componentes están integrados nun soporte compacto preparado para aguantar condiciones medioambientales duras (intemperie), xa que están situados en espazos non cubertos ao aire libre e por tanto non exentos de inclemencias meteorolóxicas.

A unidade de control CNT encárgase de xestionar as básculas e todo o fluxo de información de entrada e de proporcionar as órdenes correspondentes aos obxectos de sinalización (barreras de vehiculos, semáforos, letreros luminosos...), para que todo o sistema sexa automático sen intervención de operarios humanos de maneira regular.

O software de xestión (XES) é unha aplicación informática para o control de pesaxe e a realización do control de accesos e identificación de vehículos. Soporta tamén a asignación de tarxetas tanto a vehículos como a operarios e rexistra os datos de cada unha das operacións. O sistema de xestión recolle toda a información proporcionada polos CNTs (tanto se hai un como varios) e alimenta unha base de datos que permite a consulta posterior de movementos, históricos, informes, etc.

O sistema funciona con ou sen conexión directa co CNT, tanto o CNT como o XES intercambian información cando queira que se conectan entre sí.

No deseño do software, incidiuse na xeración dunha estrutura modular do sistema, o que quere dicir que o software está composto por paquetes (módulos), nos que cada un deles desenvolve unha función específica.

Estes módulos son independentes no seu funcionamento, ainda que todos deben estar interconectados, se ben existe un módulo central, o xestor da base de datos, que debe estar sempre funcionando para que o resto tamén poida funcionar.

As principais características do produto resúmense a continuación:

  • Identificación automática de vehículos e conductores mediante tarxeta ou lectura de matrículas.
  • Identificación da carga, procedencia e destino mediante display e teclado.
  • Control de accesos para impedir a entrada e saída de vehículos non autorizados.
  • Rexistro puntual e automático de entradas e saídas con data e hora.
  • Emisión de ticket (comprobante) para o conductor do vehículo ao terminar a operación.
  • Realización de todo o proceso sen baixarse do vehículo.
  • Non require a intervención de persoal asignado a control de accesos.
  • Almacenamento de datos permanente na unidade de control local.
  • Volcado de datos ao sistema central de xestión de básculas.
  • Integración cos sistemas de xestión existentes na instalación.
  • Non é necesario introducir a man os datos da pesaxe das cargas no sistema informático da empresa.
  • Entrega de ticket ao conductor do vehículo con todos os datos inherentes á operación.

Utilizamos cookies para realizar el análisis de la navegación de los usuarios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información ACEPTO