Se ha producido un error en la asignación del idioma iS4
Área privada
Usuario    
Contrasinal    
Noticias











S4®

O sistema S4® (Sistema de Seguridade de Espazos Seguros para Buques) xorde como como consecuencia da necesidade existente na actualidade de controlar os accesos aos espazos sensibles dos buques no ámbito militar. Ademais, o estrito control de calidade esixido aos sistemas de acceso, e os requirimentos de certificaciĺon naval, xeran que sexa complicado dar resposta ás devanditas necesidades con solucións comerciais tradicionais, debido ás dificultades para obter un produto que se axuste aos requisitos de calidade e normativa, e que ademais sexa capaz de achegar robustez, autonomía e integración co resto de sistemas informáticos do buque.

O sistema  S4® desenvolvido por integra permite un estrito control de acceso aos espazos sensibles, ao tempo que cumpre cos requirimentos de seguridade existentes nos buques, e ademais conta con toda unha serie de características que o sitúan á cabeza dos sistemas de seguridade e control instalados na actualidade e que o converten en modelo de referencia nos buques da armada española, australiana e venezolana.

Documentación

Faga click aquí para descargar un folleto comercial do produto S4® en formato pdf.

Principales características do produto:

  • Sistema deseñado específicamente para o uso no ámbito naval, tendo en conta dende o momento do deseño os requirimentos das duras condicións a soportar polo sistema.
  • As unidades están completamente integradas e non requiren equipo adicional, podendo comunicar cos outros sistemas do barco a través do SICP.
  • Integración nunha sóla unidade dunha serie de subsistemas que normalmente se utilizan de xeito separado nos sistemas de control de accesos, proporcionando un rexistro de operacións moito mais completo dos usos realizados.
  • Só require unha fonte de alimentación (normalmente 115VAC ou 230VAC, pero outros voltaxes como AC ou DC tamén poden considerarse), e un canal de comunicacións (normalmente RS485 ou Ethernet, pero outros sistemas tamén poden considerarse) para o SICP.
  • Dúas fontes de alimentación internas independientes ou redundantes de maneira opcional. No caso de dontes de alimentación independentes, os elementos de control (interruptores e fechos) son alimentados de forma separada dende os módulos de intelixencia e comunicacións.
  • A opción das fontes de alimentación redundantes duais xera o seu apagamento se ésta falla, enviando información ao SICP, así como a detección de calquera problema coa fonte de alimentación fallida. Cando se estea a operar con baterías, estas recárganse automáticamente. As fontes de alimentación pódense intercambiar sen necesidade de apagamento do sistema.
  • Se a fonte de alimentación falla, existe un respado de alimentación con baterías, de maneira que cada fonte de alimentación dispón dunha batería independiente. As baterías garantizan cinco horas de funcionamento autónomo sen ningún tipo de recarga, e pódense cambiar sin necesidade de apagamento do sistema.
  • Protección electrónica do circuíto de baterías para evitar a descarga total das mesmas.
  • Protección electrónica do fecho para evitar golpes laterais da porta.
  • Protección eléctrica de todo o sistema contra transitorios (subas de tensión), sobrecargas e harmónicos. Os circuitos indutivos dispoñen de diodos de libre circulación para unha maior vida do sistema.
  • Supervisión electrónica da caixa que o alberga e da unidade contra accesos non autorizados aos elementos seguros do sistema.
  • Comunicación directa co SICP do barco. O S4® envía información ao SICP acerca de eventos indesexados, e pode enviar o estado no que se encontra calquera porta se así se require. Opcionalmente, o sistema pode recibir información do SICP acerca do estado de cada área protexida para alterar o nivel de control (alarma de incendios, condición de combate, navegación silenciosa, etc...).
  • Rexistro de todos os eventos e incidencias nunha base de datos para o período de operación do sistema. A base de datos pode usarse para xerar informes do estado e a historia do sistema cando o requiran os usuarios.
  • Como complemento ás operacións automáticas, poderase autorizar acceso ás áreas protexidos polos membros da tripulación que se encontren na área.
  • Posibilidade de utilización de control remoto para cerrar cada unha das portas individualmente.
  • Integración opcional cos sistemas CCTV para o control de imaxes, video, alumbrado, etc... nas áreas protexidas.
  • Dispoñible nunha versión que superou a proba de choque conforme á norma MIL-STD-S-901D

Utilizamos cookies para realizar el análisis de la navegación de los usuarios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información ACEPTO